jueves, 17 de noviembre de 2016

18 nov 2016 fichas

INICIO DE ACTIVIDADES DE VENDA DE PRODUTOS DE ALIMENTACIÓN PARA SUFRAGAR OS GASTOS DE PARTICIPACIÓN NA VIAXE  DE 2º ESO A TOULOUSE.

Nota informativa nº3:
A día de hoxe (venres 18) o número de alumnos que aboaron en Secretaría a 1º entrega do custe da viaxe é de 43, o obxectivo é 50 alumnos, en principio asegúrase a realización da viaxe. ¡Alegrámonos!.
En primeiro lugar queremos agradecer a masiva asistencia á reunión informativa do luns.
Para a semana que vén queriamos iniciar o reparto de produtos de alimentación distribuidos pola empresa LUICAR, que esperamos permitan ós alumnos xuntar cartos para aboar unha parte da actividade.
Consideramos importante para a cohesión do grupo que participen todos os alumnos, aínda que sexa en cantidades testimoniais ou mesmo cada 15 días.
Como informamos na reunión do luns 14, despois de Nadal disporemos de tacos de 50 rifas de 2€ para sorteo de viaxes e equipos electrónicos, cedidos pola axencia de viaxes. (info en http://www.viajesdeza.com)

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE DE ARTIGOS DE REPOSTERÍA.
1-      Cada alumno/a solicitará os luns por escrito a lista de produtos de alimentación que teña encargados. Se non entrega una nova nota esa semana, entenderase que mantén unha cantidade fixa, acordada por semana ou quincena.
2-      As bolsas/caixas entregaranse en clases concretas xoves (2ºA e 2ºB) e venres (2ºC e 2ºA/B) a últimas horas da mañá, en momentos prefixados previamente cos profesores, para que non interrompan as clases nin os compañeiros.
3-      A empresa comprométese a deixar as caixas de cada curso, con bolsas co nome do alumnos, os mércores pola mañá, segundo listado que se lle faga chegar por correo electrónico o martes as 13:00 h.
4-      No momento da nova entrega deberáselle aboar á empresa a cantidade correspondente da entrega anterior, polo que os alumnos deberán aboar a parte “compra” no instituto nos recreos do martes e o do mércores. Indicaráselle na ficha e a  parte de “ganancia” poderán acumulala para os pagos mensuales de 60 €.
5-      Acompaña a esta nota a) una fotocopia cos productos e prezos de venda b) descrición da actividade, redactada pola axencia de viaxes, c) Ficha de solicitude de produtos de LUICAR.
6-      Esperamos a máxima colaboración e formalidade de todos/as.


Agradecendo  a súa atención. Un saúdo .                                          Javier Villaverde Vayá. 


1 comentario:

Hola escribe aquí o teu comentario