VIAXE A TOULOUSE-
CIDADE DO ESPACIO IES XUNQUEIRA1
AVISOS DE ÚLTIMA
HORA. Luns 6 de marzo.
TELÉFONO e WhatsApp INSTITUTO DURANTE A
VIAXE
616 952340
SAÍDA DO INSTITUTO AS 6:30.
-
É imprescindible levar e ter a man o DNI e a Tarxeta Europea (OS Certificados OS TEN O PROFESOR) de asistencia sanitaria.
-
A autorización familiar quedará no instituto e o
Informe policial levarano os profesores.
-
Intenten manter abertos
durante a viaxe as canles habituais de comunicación co instituto (teléfonos), por si hai que localizalos por algunha incidencia.
-
Se tes que levar algún medicamento, sempre con autorización, acompáñao da súa caixa, do prospecto e mellor aínda da receita médica.
-
Avisa os profesores de intolerancias, alerxias,
fobias, propensión ó mareo....
-
O espacio no autobús é limitado. Levaremos 1 maleta por persoa e unha pequena bolsa
ou mochila. Lembra que disporemos de toallas no Hotel.
-
A comida do 1º día hay que levala, comeremos nun área de descanso. A cea non está encargada e aínda que vaiamos a un área comercial sería bo ter algo previsto para media tarde.
-
Consideramos que 60 Euros por alumno son suficientes
para pagar os gastos en Francia.
-
O autobús dispón de WIFI durante o traxecto por España (2/3 do percorrido). E
haberá tamén no hotel. Sempre estará aberto o whatsApp do instituto e poderá usalo o alumnado, polo
que non é imprescindible que cada alumno teña un teléfono. Xa informaremos das mellores horas para chamar.
*** HORA DE SAÍDA DEFINITIVA AS 6:30 HORAS DO XOVES
9 DE MARZO DENDE A ENTRADA DO INSTITUTO XUNQUEIRA 1 EN PONTEVEDRA. (Haberá que estar polo menos 15
minutos antes).
+++ Finalmente a visita a La Cité de L´Espace será o sábado día 11. Como a saída do recinto é as 17:00 aínda poderemos ver
Toulouse antes de ir ó hotel. O venres visitaremos Carcasonne e Toulouse.
Os
profesores. Luns 6 de marzo 2017.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Hola escribe aquí o teu comentario