jueves, 23 de febrero de 2017

Despois da reunión do martes día 21 xa só falta recoller as autorizacións familiares.
Os próximos xoves e venres os adicaremos a facer o reparto de habitacións, dacordo co que me vaian propoñendo os alumnos e alumnas. Na derradeira semana, enviaremos para casa unhas pequenas instruccións sobre Documentación, Horarios, condicións da viaxe e maletas que espero sexan útiles e que se sigan con formalidade para evitar sustos antes de subir ó autobús.
Ignacio vos transmite as súas disculpas por non asistir o martes á reunión, a mín esquecéuseme comentalo .
Sabede ademais que queremos que nos acompañe , como viaxeiro nº 54  Juan, o home da profesora Rosa, aínda que as horas de autobús lle dan un pouco de respeto. Por suposto aboou a súa praza como un alumno mais.
Un saludo.
Na entrada anterior tedes as normas da viaxe, que xa comentamos na reunión e que os alumnos asinarán no recreo do luns antes da viaxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Hola escribe aquí o teu comentario