martes, 21 de febrero de 2017

VIAXE a CITÉ DE L´ESPACE EN TOULOUSE
2º ESO. 9-12 MARZO. CURSO 2016-2017

Co fin de lograr unha viaxe proveitosa e agradable para todos e todas, as normas que deberán seguirse durante a mesma, son as seguintes:
1ª. O alumnado deberá participar obrigatoriamente nas actividades programadas para o grupo, mesmo nas horas de comedor e non ausentarse do grupo sen autorización expresa dos profesores acompañantes.
2ª. Deberá extremar a puntualidade ás horas marcadas.
3ª. Deberá gardar un comportamento correcto, respectando as normas de convivencia e evitando xerar situacións de risco en todo momento.
4ª. Durante a viaxe será de aplicación as Normas de Organización e Funcionamento do Instituto. Especialmente no referente á prohibición de consumo de tabaco, bebidas alcohólicas ou estimulantes.
5ª. No caso de incumprimento das normas, o profesor responsable do grupo adoptará as medidas correctoras inmediatas que estime oportunas, sen prexuízo doutras posteriores que o propio Instituto puidera tomar á volta da viaxe.
6ª. En caso de especial gravidade, o/a alumno/a infractor/a podería ser excluído/a da excursión e enviado a Pontevedra, correndo os gastos por conta da súa familia.
7ª. Os pais e nais, aceptan subsidiariamente a responsabilidade en todo momento das accións do alumnado.
8ª No caso de aviso de un uso indebido dun teléfono móbil nas habitacións, éste lle será retirado ó alumno e o gardará o profesor ata á volta en Pontevedra.

E polo tanto:
Acepto as normas e condicións establecidas para a Viaxe escolar a Toulouse do alumnado de 2ºESO a realizar do día 9 ao 12 de Marzo, ambos os dous incluídos, e comprométome para que o meu fillo ou filla as cumpra, así como que respecten e colaboren cós profesores que representan ao instituto neses días: Jose Ignacio Vila López, Rosa María Rodríguez Moldes e Javier Villaverde Vayá.

Nome do pai/nai ..............................................................................

Nome do alumno/a .........................................................................

Sinatura do pai/nai Sinatura alumno/a




Teléfono de contacto durante a viaxe: 616 952340

IES A XUNQUEIRA I
Rúa Alexandre Bóveda Teléfono: 986872150

36005Pontevedra Enderezo electrónico: ies.xunqueira.1@edu.xunta.es

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Hola escribe aquí o teu comentario