jueves, 26 de enero de 2017

entrega rifas e solicitude de documentos

NOTA INFORMATIVA (recollida de RIFAS) PARA A ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA DE 2º ESO:

Viaxe A TOULOUSE.

Nota informativa:
  • Están a disposición dos alumnos na Secretaría do Instituto as Rifas Gratuitas de Sorteo dunha estancia  de fin de semana e visita a Cabárceno donadas pola Axencia de Viaxes Deza. Son 50 rifas por alumno a 2€ cada unha, precio de venta. Unha vez que as recollan, son deles e a recadación íntegra é para o alumno. A venda de rifas non é obrigatoria, ós alumnos que collan un talonario deberán traer unha nota asinada polos pais para control do destino dos cartos.

  • Hai un alumno que avisou que non pode acompañarnos na viaxe por motivos familiares, polo que neste momento hai un total de 50 alumnos anotados. Non afecta ó precio xeral de 255€/alumno.
  • Xa podemos dar referencias do Hotel en Toulousse:
Hôtel Première Classe Toulouse Nord – Sesquières, Dirección: 1 Rue du Pôle, 31200 Toulouse, Francia. Teléfono:+33 5 61 13 10 27.
Poden velo en http://www.premiereclasse.com/es/hotels/premiere-classe-toulouse-nord-sesquieres.

  • É importante comezar as xestións de documentos familiares obrigatorios ( Entregar na Secretaría do centro):
1 - Autorización para saída de menores ó extranxeiro do Ministerio de Interior. Ten que ir o pai ou a nai á Xefatura de Policía en Pontevedra cos DNI propio e do alumno e o libro de familia. Non é preciso cita e se resolve no momento.
2 - Tarxeta Sanitaria Europea (TSE) ou mais sinxelo o Certificado Provisional Sustitutorio (CPS) para 90 días . (documento persoal e intransferible que acredita o dereito a recibir as prestacións sanitarias que resulten necesarias, dende un punto de vista médico, durante unha estancia temporal no territorio do Espazo Económico Europeo). Xestiónase Por Internet, a través de la Sede Electrónica de la Seguridad Social (sede.seg-social.gob.es), ou ben nas oficinas da Seguridade Social con cita previa. Tarda menos de 10 días. Se algún pai/nai é funcionario deberá xestionalo en MUFACE.


Agradecendo a súa atención. Un saúdo .                   Javier Villaverde Vayá.
Xoves, 26 de xaneiro de 2017.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Hola escribe aquí o teu comentario